viernes, 1 de julio de 2011

Viaxe solidaria a Proxectogato

A nosa amiga Olalla esta organizando unha viaxe solidaria para os nosos peques:


O próximo sábado 9 visitaremos de novo as instalacións de Proxecto Gato para facerlles unha visita e levarlles material para os peludos. 

Todos aqueles que queirades contribuír aportando algunha cousa podedes poñervos en contacto con nós a través deste evento. 

Calquera contribución, por pequena que sexa, será ben recibida. Acompañamos un listado coas cousas que máis precisan agora mesmo:
-Area (gastan uns 18 kilos por día!!)
-Penso (Tonus, Coshida, do Mercadona ou Breckies Excell)
-Pensos para dietas especiais: Urinary, para problemas de estómago, intestino e renais, kitten, etc.
-Latiñas (das normais e para dietas especiais)
-Leite para gatiños
-Desparasitadores (internos e externos)
-Potitos para bebés (sen cebola nin porro)
-Antibióticos, todo tipo de colirios
-Outros medicamentos (duphalac jarabe; trimetabol jarabe; cleboril jarabe; vibracina jarabe; flagil jrabe o pastillas; vitaminas k, c inxectables; dacortin 2,5 gr.; conofite forte; sinalar ótico y nasal; aurizón; virgán pomada; óculos epitalizante; opositón, halibut, blastoestimuline pomadas; primperán inxectable; eufilina venosa inxectable; flumil inxectable; ultra-levura; fulcín 125, 100 comprimidos; urbal sobres; tobrex; tobradex; colicursí tropicamida; oftalmowell; auromicina; lágrimas; zantac; meloxydil; panacure 500)
-Bolsas do lixo (das máis grandes), guantes de goma, etc.
-Mantiñas, toallas, etc.
Lembrade tamén que por tan só 4 euros ao mes podedes apadriñar un dos seus gatos. Coa vosa contribución axudaredes a pagar os seus gastos veterinarios e de alimentación. Ademais manterásevos informados e avisarásevos cando sexa adoptado, e nese momento poderedes decidir se queredes apadriñar a outro gato ou non.

Tamén podedes facervos socios ou, se preferides, axudar economicamente facendo un ingreso en Caixanova 2080 0128 19 0040005191 ou en Banco Santander 0049 5472 41 2695035009.



Podedes apuntaros o evento neste link: http://www.facebook.com/event.php?eid=213345662036291 


Graciñas a todos :D

No hay comentarios:

Publicar un comentario